Día da Poesía 2022 - Visita Pilar Pallarés
O 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, recibimos no IES EBA a Pilar Pallarés. A poeta de Culleredo, que en 2019 recibiu o Premio Nacional de Poesía pola obra Tempo fósil, agasallounos co recitado dunha escolma poética e permitiunos coñecer moitos datos interesantes sobre a súa escrita. Ficamos moi agradecidos á autora por ternos dedicado parte do seu tempo.
Preme na imaxe para ver as fotos
|
|
|
|