Benvida
Ola a todos e Benvidos a este novo Curso 2015-16.
Somos
Gumersindo Fernández Fernández, sindo.fdez@gmail.com
e
Ángel Acción Lamas, accionangel@gmail.com
os profesores que vos acompañarán nesta viaxe pola Informática e por este Curso Virtual.
E nada máis comezar xa vos estamos pedindo cousas, neste caso que nos enviedes un correo electrónico dende a vosa conta Gmail, cada un ao seu profesor, coa seguinte estrutura:
Asunto:
4ºX Nome Apelido Apelido
Texto:
Ola Gumer/Ángel
Este correo é para presentarme e que teñas a miña dirección así como para solicitarte o meu usuario e contrasinal para a Aula Virtual Informática 4º ESO IESEBA 1516.
Un saúdoNome Apelido Apelido
Unha vez recibades o correo de resposta cos datos para entrar nesta AV deberedes respostar no "Foro de Presentación".
Neste primeiro día queremos transmitirvos a importancia que está a ter cada día máis o "Traballo en equipo" (vídeo 1:23) e as "Redes Sociais e a Seguridade na rede" (vídeo 19" + 1:31).
E para despedirnos ata a vindeira sesión recomendarvos que lle botedes un ollo ao Symbaloo do lateral dereito onde están os enlaces aos blogs máis currados do curso pasado e que vos servirán de referencia. Se tan importante é analizar o que fixeron os vosos compañeiros tamén o é para nós ver o que fan noutros centros, sempre son fonte de inspiración e de mellora.
Lembrade que estades a formarvos para un mundo en continuo cambio e que a nosa Programación de Informática 2015-16 pretende respostar tanto á consecución dos Estándares TIC como á evolución dixital da sociedade.
Por todo esto debemos amosar unha mente aberta e disposta á experimentación.
¿Estás preparado para sorprenderte e para sorprendernos?
Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24