Enunciado en preparación.

Nesta primeira experiencia co StopMotion no IESEBA pretendemos unha actividade de exploración e recollida de experiencias, polo tanto teredes poucas pautas a seguir, mellor dito poucas pautas concretas pero sí todas as que se vos ocurran.
Básicamente imos traballar cun gif animado editado en GIMP e de xeito resumido unha opción sería:
Realizar unhas 30 fotos duns obxectos inanimados que forman unha escena e aos que lles cambiades a súa posición entre foto e foto. Con estas fotos obteremos un bucle de 3 segundos aproximadamente. O máis importante será ter un escenario ben iluminado e a cámara fixa nun trípode. 
Tamén podes empregar plastilina, obxectos recortados, debuxos en area, nun papel ou nunha pizarra, ..., ou todo mesturado.

Con este titorial de Tonecho tedes a tarefa resolta se non tedes moitas aspiracións.

Seguindo o titorial anterior e empregando Gimp Belé, Gumer e eu fixemos este pequeno BAG.gif que o noso profesor Tonecho retocou para quedar deste xeito, ábreos co GIMP como capas e verás os fotogramas e a súa duración.


Outras formas de enfocar a tarefa:
  • Movie Maker para Windows.
  • iMovie para Mac.
  • Monkey Jam para Windows.
  • Frame by Frame para Mac.
Eiquí tedes dos exemplos cos seus titoriais:

Consellos:
  • Cámara fixa con trípode.
  • Non utilizar flash nin superficies moi reflectantes para evitar brillos indesexados.
  • Poñer a cámara en resolución baixa para que o vídeo non pese moito. (Logo pódese baixar o tamaño das imaxes no Gimp)
  • Planificar a escea tendo en mente cada un dos fotogramas aínda que é mellor facer un storyboard (imprescindible se traballades en equipo) que non ten que ser moi detallado, como un croquis secuenciado.
 

Outros enlaces interesantes:





Unha alternativa á realización de fotografías é debuxar en 3D con SketchUp, gardar imaxes como se fosen fotogramas e logo montalas no Gimp como neste exemplo.
Blog TYPE IN MOTION de educaBarrié con diversos Stop-Motion.


Explorar: 
especialmente "Buenas Prácticas"

STOP MOTION NOW. Blog educativo audiovisual.