Avaliación

Inicialmente esta tarefa ía ser voluntaria pero debido ao procedemento de creación e ao xeito de compartilo vai ser avaliable (100 ptos), máis ainda cando imos facer unha pequena variación nas bases.

Dado que o trasfondo do relato ten que estar asociado a un feito científico máis ou menos explícito introduciremos nesta tarefa o concepto de ""  e comezaremos cun "hiperdocumento", un texto propio dos soportes dixitais con acceso a internet e que básicamente consiste en aumentar a información escrita mediante hiperenlaces.

As características xerais da tarefa tédelas neste artigo do meu blog e as instrucións no pdf CQC14_4_angelaccion aloxado públicamente no meu Drive ou neste CQC14_4_angelaccion aloxado nesta AV.


O aspecto formal do relato será similar aos publicados:
  • Título (maiúsculas)
  • Autor (negrita)
  • Centro educativo (maiúsculas)
  • Relato (texto xustificado, marxes, interliñado, fonte, tamaño, etc.)