Proceso


  • Escolle o tema a desenvolver.
  • Escolle a banda sonora susceptible de emprego en función da súa licencia e gárdaa no teu álbum público de Drive. 
  • Escolle as informacións propias ou licenciadas para reutilización que incorporarás no teu Tripline (lembra ir anotando as súas orixes para indicalas logo na entrada do blog, podes empregar un documento de texto de Drive para ir anotándoas).
  • Edita con Tripline  o teu mapa interactivo de xeito similar ao dos exemplos.

  • Publica no teu blog o mapa interactivo con información aumentada e fai unha descripción da tarefa e dos pasos seguidos e que incluirá os enlaces necesarios ou aos sitios que ti empregache.
  • Envía á tarefa deste AV o enlace acortado á entrada do teu blog onde publicaras a tarefa.