Proceso

1. Localiza unha imaxe Creative Commons (sen copyright).

2. Descargaa e anota a URL da imaxe para indicar posteriormente a orixe. Cada un a súa.
É importante que a URL indicada inclúa tanto a imaxe como a licencia.

3. Aloxaa na túa carpeta pública de Drive.
Na anterior tarefa creaches unha carpeta (fotoseba1415, por exemplo) para gardar todas as fotos/imaxes que empreguemos durante o curso.
Esta carpeta estará compartida en modo público (só esta carpeta).

4. Emprega Background Burner, PIXLR EDITOR (), SNAGIT (extensión para Chrome) ou o que ti coñezas para recortar a parte da imaxe que sexa do teu interese.

5. Garda a imaxe creada na mesma carpeta onde está a orixinal.
Os nomes das imaxes poden ser algo así:
recorte_orixinal_nomeapelido
recorte_modificado_nomeapelido

6. Publica as dúas imaxes (separadas ou formando un collage) no teu blog xunto cun texto explicativo do traballo realizado e que debe incluir, como mínimo, un enlace á fonte da imaxe orixinal (incluirá a licencia da mesma) e outro á carpeta pública onde estexan gardadas.

7. Envía ó Aula Virtual o enlace acortado á entrada do blog onde pubicaras esta tarefa (ver último capítulo deste Libro).

A imaxe ten que ter relación co tema do voso blog e tede coidado co tamaño da imaxe elexida (640 x 480 pode servir de referencia).