Edición fotográfica: Fondo transparente
Edición fotográfica con Background Burner ou similar para recortar o que nos interesa e deixar o fondo transparente. Formato de imaxe en .png
Introdución
Xa viches que a aplicación duns filtros é por unha parte moi sinxelo e por outra dache unhas posibilidades creativas que che poden vir ben cando teñas que facer un traballo especial con algunha das túas fotografías máis especiais.
As posibilidades da Edición Fotográfica amplíanse moito se podes mezclar varias fotos o, para ser máis exactos, partes dunha foto que encaixas noutra. Quen di unha pode dicir varias, o que é un Collage como o de embaixo.
Para poder facelo o primeiro é poder recortar aquela parte dunha imaxe que nos interesa descartando o fondo pero ó mesmo tempo que a imaxe seleccionada non se garde cun fondo branco senón transparente.
E neste punto xa nos atopamos coa primeira novidade:
as imaxes jpg non admiten transparencias, teremos que traballar con imaxes png.