IPEE 2014-15
Diagrama de temas
-
PROGRAMACIÓN
No enlace ipee_aal66_130807 que tes a continuación podes observar unha vista xeral do curso editado en formato eXe, os contidos aquí expostos son os que se foron levando a cabo estes derradeiros cursos e son o resultado dunha continua experimentación e adaptación en función das características do alumnado e dos recursos TIC que se van incorporando ó proceso de ensino-aprendizaxe.
As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) progresan cada día a máis velocidade e con elas a formación de todos vós polo que cada curso é unha nova aventura na que nos adentraremos tanto como a vosa curiosidade e interese nos permitan.
-
ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL
-
AVALIACIÓN INICIAL
- Realiza o seguinte Obxecto de Aprendizaxe de traballo con magnitudes eléctricas e resolución de circuitos realizado por Teresa Mancebo e aloxado no Repositorio de Contidos Abalar coas etiquetas de Tecnoloxía e 2º da ESO.
- Faino despacio, comprendendo ben as explicacións e procurando responder correctamente á primeira (pensa antes de respostar) dado que ó remate da actividade o profesor revisará os teus resultados e só terá en conta as respostas correctas ó primeiro intento.
- Posteriormente á sesión de avaliación inicial poderás facelo as veces que precises ata que acades a axeitada soltura na súa resolución.
-
-
ELECTRICIDADE BÁSICA por Pedro Landín
Ademáis de empregar a web de María Loureiro tamén podes seguir/completar os contidos de Electricidade Básica cos apuntes que Pedro Landín elaborou e emprega en 2º da ESO no CPR Sagrado Corazón de Xesús en Pláceres, Pontevedra.
Pedro Landín conta cun blog moi recomendable para todo o relacionado coa Tecnoloxía, http://pelandintecno.blogspot.com.es/
T6_ Electricidad by pelandintecno
-
ELECTRICIDADE NA VIVENDA
-
ELECTRÓNICA BÁSICA por María Loureiro
Na terceira avaliación imos adentrarnos na Electrónica Analóxica e aproveitaremos o excelente traballo de María como fío condutor.
Un xeito diferente de achegarse á electrónica a través dos videotitoriais realizados por Alejandro Méndez Arenas no blog TutoElectro.
-
ELECTRÓNICA ANALÓXICA por INTEF
Ao igual que no tema de Electricidade tamén podes empregar este material do "Centro para la Innovación y Desarrollo de la Educación a Distancia" del MEC, aínda que o seu contido vai máis aló do que corresponde a este curso.
Outros contidos de TECNOLOXÍA editados polo CIDEAD
-
-
MATERIAL COMPLEMENTARIO
Bótalle un ollo a esta lista de reprodución de videotitoriais sobre electrónica e vaite acostumando a este medio de formación.
-