100% DE APROBADOS NA ABAU, CINCO PREMIOS AOS MELLORES EXPEDIENTES E CUARTO CENTRO DE GALICIA CON MELLOR CUALIFICACIÓN MEDIA NA ABAU

Todo o alumnado do noso centro que se presentou á Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade 18-19 (ABAU) acadou o aprobado. Paula Álvarez, Javier Cadenas, Carolina Díaz, Rodrigo Fernández, Carlos X. Fernández, María Fiallega, Blanca Gegunde, Pablo González, Esther López, Marcos Montaña, Miguel Osorio, Celia Pardo, Gabriela Rodríguez, Xoel Poy, Nicolás Vilela e Carlota Yepes poden agora comezar una nova etapa na súa formación despois de superar brillantemente esta proba de acceso. O seu desempeño na mesma coloca ao noso centro como o cuarto mellor centro galego no que respecta á cualificación media na ABAU, con 7,434 puntos (ver clasificación dos centros por resultado). E para completar este cadro de recoñecementos aos resultados académicos, cinco destes alumnos e alumnas mencionados (o 31% do total do alumnado que realizou as probas), Paula Álvarez, Marcos Montaña, Gabriela Rodríguez, Xoel Poy e Nicolás Vilela, superaron a cualificación de 9 puntos sobre 10 na proba de acceso á Universidade (60% da cualificación do Bacharelato máis o 40% da cualificación da parte xeral da ABAU, sen considerar a puntuación da fase voluntaria). Por isto, recibiron o recoñecemento outorgado ao alumnado galego cos mellores expedientes nunha cerimonia celebrada o día 4 de xullo en Santiago de Compostela, na que estiveron ausentes Paula e Marcos (abaixo podes ver o vídeo do noso alumnado e AQUÍ o vídeo do acto completo).

A todos e todas lles transmitimos os parabéns e o recoñecemento da nosa comunidade educativa, cos nosos mellores desexos para ese futuro que agora se lles presenta xa lonxe do IES de Becerreá.