En marzo de 2018 tivo lugar no noso centro un feito inédito ata ese momento: a filmación, no vestíbulo de entrada do edificio vello duna escea da película "O que arde" (nese momento denominada aínda "Aquilo que arde"), do director do orixe ancaresa Oliver Laxe e que recentemente foi premiada nun dos festivais de cine máis prestixiosos do mundo, o Festival de Cannes. Para deixar constancia do traballo desenvolto durante aquel venres e sábado de marzo no noso centro, este é o vídeo que recolle o acontecido, incluíndo a realización dunha das tomas completas da secuencia filmada. Para ambientar o mencionado espazo do centro e convertelo nunha oficinas dun xulgado galego, empregouse mobiliario do centro trasladado doutras estancias, tanto do edificio vello como do novo. Do resultado de semellante traballo dan constancia as fotos e o vídeo que podedes ver premendo no enlace de arriba. |
|||