CONVOCADO O III PREMIO DO IES DE BECERREÁ AO EMPREGO E DIFUSIÓN DA NOSA LINGUA E CULTURA

O "PREMIO IES de BECERREÁ Á PROMOCIÓN DA LINGUA E A CULTURA GALEGAS NA COMARCA DOS ANCARES” é un proxecto do Equipo de Dinamización Lingüística  destinado a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico e cultural pertencentes á comarca de influencia do Instituto. Entregaranse dous galardóns que incidirán en 2 ámbitos, un o do labor relacionado directamente coa lingua e cultura propia por parte de persoas, asociación ou colectivos culturais e outro, o de iniciativas privadas relacionadas co tecido produtivo, empresarial, comercial, etc., asentadas na comarca dos Ancares.

Calquera persoa, entidade ou colectivo poderá presentar unha ou varias candidaturas enviando ao IES de Becerreá (Castelo s/n/) ou por correo electrónico (ies.becerrea@edu.xunta.es) unha proposta que inclúa o nome e datos de contacto xunto cunha explicación das candidaturas na cal se incida no uso do galego que se fai desde a proposta candidatada.