INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS PARA 4º DA ESO

Do 8 ao 14 de decembro, o noso alumnado de 4º da ESO participará nas actividades de innersión lingüística (inglés) que se desenvolverá en Carballedo, na zona lucense da comarca de Os Peares, dirixido ao alumnado deste curso.  O obxectivo principal deste programa é proporcionarlle ao alumnado participante un conxunto de actividades e experiencias co uso do inglés como ferramenta exclusiva de comunicación, o que lles permitará mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en inglés, a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural e/ou deportivo, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo que os alumnos/as desenvolven na aula.

Só 6 centros de toda Galicia fomos seleccionados para participar no programa dirixido a 4º da ESO, polo que desexamos que os nosos alumnos/as poidan aproveitar o conxunto da experiencia e teñan unha estancia agradable compartida cos rapaces e rapazas dos demais centros.