Eventos |
Queda aprazado ata abril esta actividade que realizará o alumnado de 1º e 2º da ESO na compaña de alumnado de secundaria doutros centros da comarca.
O alumnado de Bioloxía, Física e Química (e algún de Tecnoloxía da modalidade de Ciencias Sociais) de 1º de BAC visitará este laboratorio lucense.
Festa do Samaín para todo o alumnado do centro, o mércores 30 a saída do comedor.
O alumnado da materia de Economía e Economía da empresa de BAC, así como todo o grupo de 4º da ESO, terán unha charla sobre a experiencia de persoas que decidiron vivir e emprender na nosa comarca un proxecto profesional. O acto desenvolverase na tarde do luns 4 de novembro, ata as 17:20.
O alumnado de 2º da ESO participa no encontro comarcal anual de bádminton (San Román), onde desenvolverán unha xornada deportiva e de convivencia cos seu compañeiros e compañeiras do CPI de San Román, Pedrafita, Navia e O Courel. A actividade desenvólvese durante toda a xornada.
Para 3º e 4º da ESO.
Ás 10:00 para BAC, ás 12:00 para 1º, 2º e 3º da ESO.
Durante a tarde do mércores 13.
Acuden á representación da obra de teatro "Golpes", con motivo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero, que organiza o Concello de Becerreá e se representa na Casa da Cultura. Tras a representación haberá un debate entre os asistentes.
Os dous grupos acuden aos cines Codex para ver o filme de Oliver Laxe, con quen probablemente terán un encontro no noso centro na próxima primavera.