Tecnoloxía

ORIENTACIÓNS PARA PREPARAR AS PROBAS DE SETEMBRO DE 2020

A fin de facilitar o traballo do alumnado que debe presentarse ás probas extraordinarias de setembro dalgunha das materias dependentes do Departamento de Tecnoloxía, achegamos algunhas orientacións.

En caso de precisar algunha aclaración, o alumnado pode dirixirse á súa profesora mediante correo electrónico. Os enderezos son os seguintes:

Nuria Quinteiro: nquinte@iesbeade.org

Araceli Andrade: araceliandrade@iesbeade.org

Elena López: dafonte@iesbeade.org

O IES DE BEADE COLABORA NA FABRICACIÓN DE MATERIAL PARA PERSOAL SANITARIO

Hoxe queremos compartir con toda a comunidade educativa unha boa nova: o IES de Beade, a través do departamento de Tecnoloxía, está a colaborar na fabricación de viseiras de protección para o persoal sanitario. Como sabedes, temos no instituto unha impresora 3D, coa que algúns alumnos xa tedes traballado, e, desde hai uns días, estamos a usala para este cometido.

A TODO O ALUMNADO DAS MATERIAS QUE DEPENDEN DO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

Bo día/tarde a todos e todas!

Como sabedes, imos pasar uns días sen clases presenciais, así que traballaremos na casa, tanto vós como as profesoras. Será unha boa ocasión para que probedes o que é o ensino a distancia e o teletraballo, modalidades que posiblemente utilizaredes algunha vez no futuro. Tentaremos manter unha boa comunicación entre todos e todas, e seguir funcionando como grupo, ainda que non esteamos xuntas físicamente.

ALUMNADO DE TODOS OS GRUPOS DE TERCEIRO DE ESO

Aquí tedes un boletín de exercicios de electricidade para ir facendo. Debedes copiar na libreta os enunciados e resolvelos seguindo as indicacións que vos explicou en clase a vosa profesora, coidando a claridade e a boa presentación. Cada profesora indicará en breve ao seu alumnado como e cando ten que entregalos.

Non vos preocupedes se non sabedes resolver ainda algúns exercicios, xa que non todos os grupos traballastes os contidos completos. Nese caso, a vosa profesora faravos chegar en breve os apuntamentos e explicacións necesarias.

 

 

 

Postais Nadal 2017-2º ESO

Nesta páxina do Departamento de Tecnoloxía poder ver as postais de Nadal que crearon os alumnos de 2º ESO na materia de Programación. Parabéns a Luisa e aos alumnos e alumnas.

DAWIT IAGO

NAZARET GONZÁLEZ

MARCOS MARTÍNEZ

Contidos mínimos

Contidos mínimos de:

  • Tecnoloxías ESO
  • Tecnoloxía Industrial I e II
  • Informática
  • TIC

Enlaces TECNO IND II

Distribuir contido