Selo de Calidade e Premio Nacional para o proxecto eTwinning "EnigMath"
O proxecto eTwinning EnigMath, realizado durante o curso 2022/23 polo alumnado de 4º ESO B e a profesora de matemáticas Esther Pérez en colaboración cun colexio grego, vén de recibir o Selo de Calidade por parte da Axencia eTwinning de España. Este Selo recoñece: as boas prácticas do proxecto, a colaboración entre os estudantes dos dous países, a innovación educativa e o emprego de ferramentas dixitais.
Ademais, recibiu tamén o 1º Premio Nacional, na categoría de alumnos entre 16 e 19 anos, en Grecia.
Noraboa a todos os alumnos do noso centro que traballaron nel: Celia, Sheila, Yaiza, Sandra, Carla, Miguel, Lorena, Marina, Adnros, Raquel, Alba, Aser, Mara, Martín, David, Eva, Ismael, Antía G., Antía F., Luka e Bruno. E tamén, por suposto, aos nosos socios gregos!
Por último, compartimos con vós un video de presentación do proxecto feito pola profesora grega, Vicky Baketta