Follas voandeiras

As seguintes publicacións son revistiñas monográficas sobre os temas aludidos nos seus respectivos títulos. Cada unha contén 4 ou 6 páxinas. Están pensadas para aproveitar as horas de titoría. Préstanse ao debate ou a que os estudantes individualmente ou en grupo desenvolvan, amplíen a información de cada unha das noticias.

Na primeira folla voandeira hai información sobre a dieta atlántica e os alimentos tranxénicos.

Na segunda folla atoparedes información sobre as novas aplicacións de código aberto e a filosofía detrás desta revolución tecnolóxica e cultural

Na terceira hai un artigo, o meu favorito, sobre as chamadas granxas verticais. Se queredes saber o que son tedes que descargar o texto.

Na cuarta hai unha pequena escolma de artigos sobre as bondades do bilingüísmo e o debate sobre a situación futura de tantas linguas en perigo de extinción.

Na quinta tedes información sobre o lado escuro das novas tecnoloxías. Máquinas capaces de ler o noso pensamento, identificadores faciais e bancos de olores.

Na sexta fixemos unha adaptación dun especial de National Geographic que nos obriga a reflexionar sobre as consecuencias da superpoboación.

Na sétima falamos sobre as consecuencias da superpoboación mundial e unhas reseñas de alumnos que participaron nas bibliotecas viventes.

Na oitava falamos de ciber espionaxe: A privacidade e os riscos nas novas tecnoloxías.

Na novena falamos de saber comer e de dietas.

AdxuntoTamaño
voandeira_1_alimentacion.pdf828.27 KB
voandeira_2_Software_libre.pdf635.49 KB
voandeira_3_ecoloxia.pdf612.29 KB
voandeira_4_linguistica.pdf375.4 KB
voandeira_5_Big brother.pdf203.48 KB
voandeira_6_Somos_7_billons.pdf3.86 MB
Voandeira_7_10.000_millons.pdf262.6 KB
Voandeira_8_Privacidade_nas_novas_tecnoloxias.pdf341.65 KB
Voandeira_9_Aprender_a_comer.pdf518.45 KB