Información inicio de curso 2024-2025
O inicio do curso é o mércores día 11 de setembro de 2024 no horario habitual (das 8:20 ás 14:00).
A presentación farase durante a 1º hora de clase, do seguinte xeito:
- O alumnado de 1º ESO será recibido no salón de actos pola Dirección acompañada dos titores/as corrrespondentes, que os levarán á aula para subministrarlles o horario e información diversa.
- O resto do alumnado de ESO e BAC será recibido polos/as titores/as nas aulas previamente asignadas nas que se lles subministrará o horario e información diversa.
- A partir da 2ª hora todo o alumnado será atendido polo profesorado das materias que lles correspondan segundo o horario do grupo.
- Ese día, no vestíbulo, estarán dispoñibles as listaxes do alumnado indicando curso, grupo e aula á que dirixirse.