blog deadmin
Criterios e procedemento de distribución de máscaras
Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020
4º Selo Europeo de Calidade
O IES de Beade vén de conseguir o seu 4º Selo de Calidade Europeo para un proxecto eTwinning. O proxecto titúlase "Life Scales project" e levouse a cabo no curso 2019/2020 co alumnado de 2º ESO PMAR.
Calendario escolar 2020-2021
Publicamos o tradicional calendario escolar para o presente curso, cos días non lectivos propios aprobados e as datas aproximados de avaliacións e entrega de boletíns de notas.
Podes descargar o calendario e imprimilo desde a páxina de descargas
Comunicado ás familias
Publicamos un comunicado para informar ás familias do alumnado da actualidade do instituto neste inicio de curso tan especial e cambiante.
Plan de adaptación COVID e Plan de continxencia
Publicamos o Plan de Adaptación á situación de COVID e o Plan de Continxencia para o presente curso 2020-2021.
Calendario inicio curso 20-21
Publicamos o calendario de inicio de curso: presentacións, normas, información de interese..
Listaxes definitivas Fondo Libros 2020-2021
Publicadas nos taboleiros do instituto as listaxes definitivas de libros de texto asignados ao alumnado dentro do programa da Xunta "Fondo Libros".
Comunicado do Equipo Directivo
Comunicado do Equipo Directivo sobre os problemas e circunstancias que condicionan o inicio de curso.
Carta ás familias
Carta do Equipo Directivo do instituto dirixida ás familias do alumnado para explicarlles a situación actual e as medidas adoptadas para o inicio de curso na situación de pandemia.
Nova data de inicio de curso
OLLO!
A Consellería de Educación acaba de adiar o comezo de curso ata o 23 de setembro. Publicaremos o máis pronto posible o novo calendario de presentacións.
Matrícula setembro 2020-2021
Proceso de formalización de matrícula para o curso 2020-2021. Por favor, lede e seguide atentamente a información que hai dentro de cada sobre.
Protocolo COVID-19 Curso 2020-2021
A Consellería de educación publicou o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021, actualizado coas Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública e a actualización das recomendacións sanitarias do
Libros de texto 2020-2021
Publicadas as listaxes de libros de texto de ESO e BAC ordenadas por curso para o próximo ano académico 2020-2021.
Visita a páxina de descargas
Devolución de libros de texto
Calendario e horario de devolución de libros de texto de materias aprobadas na avaliación final de xuño:
Horario: 9:00 a 13:00
1º ESO: xoves 2 de xullo
2º ESO: venres 3 de xullo
3º ESO: luns 6 de xullo
4º ESO: martes 7 de xullo
Novo proxecto eTwinning
O noso instituto participa nun novo proxecto eTwinning titulado "Life scales project". Podedes ir directamente desde esta ligazón:
https://twinspace.etwinning.net/91809/
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »