Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 24-25.

Estimadas familias,

Xa saíu publicado ( ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio) o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 24-25.

Para 1º e 2º da ESO pódese solicitar a axuda para adquirir material escolar (non necesitarán libros pois terán ordenadores por estar no proxecto EDIXGAL)

Para 3º e 4º da ESO pódense solicitar ambas axudas, faise todo no mesmo formulario.

Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.

Na secretaría do centro están dispoñibles os formularios para solicitalo ou pódense cubrir en liña no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Se dispoñedes de certificado electrónico ou  Chave 365  pódense tramitar a través da sede electrónica. Procedemento administrativo:  ED330B

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Tedes toda esta información tamén na nosa páxina web.

Un saúdo.

A Dirección