Skip to Content

Avisos

Licitación da cafetería do IES de Barro

 
 
 
 

Presentación da reunión de inicio de curso coas familias

Adxuntamos a presentación empregada na reunión coas familias os días 13 e 14 de Setembro para facilitar a súa consulta ás familias que non puideron asistir á mesma.

Convocatoria de reunión coas familias

Convocamos ás familias do alumnado do IES de Barro a unha reunión informativa, que se levará a cabo no centro, por grupos, nas seguintes datas:

 

- Mércores 13 de Setembro ás 19:30h: familias do alumnado de 1º ESO A, 2º ESO A e 3º ESO.

 

- Xoves 14 de Setembro ás 19:30h: familias do alumnado de 1º ESO B, 2º ESO B e 4º ESO .

 

Nesta reunión trataremos asuntos relacionados co funcionamento xeral do centro e posteriormente de xeito concreto de cada grupo.

 

Para o tratamento de cuestións individuais pedimos que soliciten nos días posteriores unha cita de titoría.

 

Agradecemos a súa asistencia e colaboración.

 

Equipo directivo do IES de Barro.

Organización do Luns 11 de Setembro, 1º día lectivo.

O Luns 11 de Setembro comezaremos a actividade lectiva en horario habitual, de 8:15h a 14:00h, e de 16:00h a 17:40h en horario de tarde.

 

O procedemento de acollida do alumnado será o seguinte:

 

- O alumnado esperará no patio exterior ás 8:15h a ser chamado, para dirixirse co seu/súa titor/a á aula de referencia do/a mesmo/a.

 

- Nas dúas primeiras sesións lectivas, de 8:15h a 9:55h, o alumnado permanecerá nesta aula onde recibirá información relacionada co seu grupo, ó mesmo tempo que o equipo directivo irá por ditas aulas dando información sobre o funcionamento e as normais xerais do centro.

 

- Ás 9:55h o alumnado sairá ó patio no seu primeiro recreo ata as 10:10h.

 

- Ás 10:10h dará comezo a actividade lectiva na súa normalidade.

 

Centraremos os recursos do centro en dar a mellor acollida ó alumnado polo que a información ás familias proporcionaráselle na reunión á que serán convocados proximamente.

 

Grazas pola súa colaboración.

 

Equipo directivo do IES de Barro.

Procedemento de saída do alumnado do centro no curso 23-24

Co obxecto de facilitar e axilizar a saída do alumnado do centro, elaboramos un procedemento que establece unha prioridade na saída.

 

A orde será a seguinte:

 

1º- Alumnado acompañado por persoa autorizada, que deberá ser recollido dentro do recinto.

 

Se o adulto responsable non se atopa dentro do recinto no momento da saída, o alumnado sairá no último lugar.

 

2º- Alumnado usuario do transporte escolar.

 

3º Alumnado que sae camiñando. Deberá circular pola beirarrúa.

 

Equipo directivo do IES de Barro.

Distribuir contido


by Dr. Radut