Skip to Content

Actividades

ENAPAS no IES de Barro

O mércores 17 de abril ás 19h terá lugar no IES de Barro unha formación para familias que será levada a cabo por Óscar Páramos, psicólogo na Asociación Avante, co título ¨Como axudar aos nosos/as fillos/as ante as redes sociais e os móbiles¨, financiada polo Centro de Formación e Recursos de Pontevedra.

 

Convidamos a todas as familias a participar nesta actividade que de seguro vai ser de gran interese.

 

Maleta Ponte a Zero no IES de Barro

Durante todo o mes de abril contaremos no IES de Barro coa maleta ¨Ponte a Zero¨, unha actividade levada a cabo polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), que conta con recursos sobre reciclaxe, contaminación e economía circular.

II Ciclo de Cultura Científica

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade está a promover conferencias sobre o emprego responsable e seguro das novas tecnoloxías. Dentro delas, o II Ciclo de Cultura Científica conta cunha serie de conferencias ás que se poden asistir presencialmente ou por videoconferencia. 

 

A continuación poden ver o programa de actividades:

 

 

 

Obradoiro "Xestión emocional positiva dende as familias"

O luns 11 de decembro levouse a cabo a segunda sesión de traballo dentro da escola de familias na que se realizou o obradoiro "Xestión emocional positiva dende as familias", coa colaboración do Concello de Barro e o programa local de prevención de condutas aditivas.

 

Agradecemos a participación e a disposición de familias, e poñerémonos en contacto para futuras sesións de traballo.

OLLOS de AULA

A partires de hoxe, incorporamos na nosa páxina de Normalización Lingüística o enlace a revista para pais "Ollos de aula".

O obxectivo da publicación é achegarvos información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais. Ao longo das  distintas seccións procurarase darlle resposta ás preguntas que nos formuledes, afondar en temas de actualidade, explicar conceptos propios do ensino ou achegarvos suxestións (lectura, música, viaxes…)

Distribuir contido


by Dr. Radut