Skip to Content

Complementarias

FONTÁN O PRIMEIRO ROSTRO DE GALICIA

O luns 4 de novembro o alumnado de 3 e 4 da ESO  asistiu o visionado dun documental sobre Domingo Fontan e un posterior coloquio onde entre outras cousas puideron ver como funcionaba un teodolito .

 
 

AS CORES DO CEO.Roteiro musicado

O luns 28 de novembro pola tarde, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nun roteiro musical  en plena natureza.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

A Sociedade Xuvenil Galega de Química visita o IES de Barro

O venres 18 de outubro catro integrantes da Sociedade Xuvenil Galega de Química visitaron ó alumnado de 2º e 3º de ESO do IES de Barro para amosarlle a parte mais lúdica da ciencia.

 

    

 

Inicio do clube de lectura do IES de Barro

O clube de lectura Banda Boom do IES de Barro realiza a primeira das xuntanzas do curso 2024-2025.

 

O alumnado de 4º de ESO visita Edugal

O alumnado de 4º de ESO do IES de Barro visitou o xoves 10 de outubro Edugal, Salón da oferta de educación e formación de Galicia, no recinto feiral de Pontevedra.

Alí, tiveron a oportunidade de coñecer moitas das alternativas académicas e profesionais que se ofrecen na nosa comunidade e participar nas actividades sobre formación e orientación educativa que se daban cita.

 

Obradoiro sobre procedementos de obtención de enerxía eléctrica

O alumnado de 1º de ESO participou o 7 de outubro nun obradoiro no que traballaron con distintos procedementos de obtención de enerxía eléctrica e unha cociña solar.

    

O alumnado de 4º organiza as actividades que se levarán a cabo polo Samaín

O alumnado de 4º de ESO xa se atopa argallando actividades para conmemorar o Samaín. A continuación poden ver os carteis que deseñaron para as primeiras actividades previstas:

          

Acto de graduación do alumnado de 4º

O venres 21 de xuño realizouse no Pazo da Crega o acto de graduación do alumnado de 4º de ESO. Desfrutamos dun gran momento de homenaxe e felicitación ao alumnado que remate etapa educativa no noso centro. Agradecemos ó Concello de Barro a súa colaboración cedendonos o espazo e os recursos dispoñibles para levala a cabo así como ó alcalde por acompañarnos neste momento que o noso alumnado non esquecerá.

Propostas finalistas para o concurso de deseño da porta da axenda escolar 24-25

O IES de Barro cumprirá 25 anos o vindeiro curso. Por este motivo, convocamos un concurso de deseños para a portada da axenda escolar con esta temática como proposta.

A responsable da convocatoria do mesmo foi Maite, profesora de Educación Plástica, e os traballos realizados foron de magnífica calidade, sendo as seguintes 5 as propostas finalistas.

 

A gañadora final coñecerase o venres 21 de xuño.

Alumnado do clube de lectura visita a Galiña Azul de Barro

5 alumnas/os do IES de Barro pertencentes ó clube de lectura visitaron a Galiña Azul de Barro e tiveron a oportunidade de lerlle varios contos infantís ó seu alumnado.

 

O resultado da actividade foi tan satisfactorio para ambas partes que xa estamos argallando cando volvela a repetir.

   

 

Reproducción de "As Neves" no IES de Barro

O persoal do Cine Avenida de Caldas de Reis desprazouse o luns 3 de xuño ó IES de Barro a reproducir entre o alumnado a película "As Neves", película galega dirixida por Sonia Méndez.

Concurso para a selección da portada da axenda escolar 2024-2025.

O alumnado do IES de Barro está a elaborar os seus traballos para o concurso no que seleccionaremos a portada da axenda escolar do vindeiro curso.

 

Esta será a primeira das actividades que levaremos a cabo englobadas no 25 aniversario do noso instituto.

 

Obradoiro sobre reciclaxe con Sogama

No IES de Barro continuamos involucrados na mellora da xestión dos residuos que producimos, por iso, o alumnado de 2º de ESO participou o 27 de maio nun obradoiro de xestión de residuous levado a cabo por Sogama.

Nesta actividade aprendemos a separar os residuos, que non lixo, para que serven os diferentes contedores (fracción resto, amarelo, verde, azul, marrón e o punto SIGRE) e que se pode botar en cada un deles.

Alumnado do IES de Barro visita a Illa de San Simón

O alumnado participante na comisión contra o cambio climático e o pertencente ó Clube de Lectura visitaron o martes 21 de maio a Illa de San Simón e o museo de Meirande, onde puideron aprender algo mais da illa e a súa historia, despois de ler o cómic " A batalla de Rande".

  

  

  

Actividade conmemorativa do Día das Letras Galegas 2024

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha fantástica actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas 2024.

 

Sabela, Nahuel, Luca, Julia e Marta recrearon un telexornal con conexións "en directo" en lugares de gran relevancia para Luísa Villalta, homenaxeada neste ano 2024, como o IES Isaac Díaz Pardo de Sada ou a cidade de A Coruña, facendo un repaso da súa vida e traxectoria laboral.

  

  

 

Alumnado de Francés de 3º e 4º de ESO de viaxe escolar en París

Unha parte do alumnado de Francés de 3º e 4º de ESO, acompañados de Toño e Patricia, están gozando duns días de viaxe escolar en París.

   

  

  

Francisco Castro visita o IES de Barro

O 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas, visitou o IES de Barro o escritor e músico Francisco Castro, onde realizou un coloquio co alumnado sobre os seus libros "Xoán, Xoana" e "Cemiterio de barcos" que o alumnado do centro está lendo na materia de Lingua Galega.

Obtención de xabón

O equipo de traballo contra o cambio climático e o alumnado de 4º de PDC, encabezados por Alicia, levaron a cabo no IES de Barro a formación de xabón empregando residuos domésticos.

  

  

  

Conmemoración do 80 aniversario de Le Petit Prince (El principito)

O 6 de abril celebrouse o 80 aniversario da publicación, por parte de Antoine de Saint-Exupéry, de Le Petit Prince, a obra francesa mais lida e vendida na historia.

 

Para conmemoralo, o Departamento de Francés creou un espazo cunha gran variedade de produtos relacionados coa obra así como un concurso entre o alumnado.

   

 

ENAPAS no IES de Barro

O mércores 17 de abril ás 19h terá lugar no IES de Barro unha formación para familias que será levada a cabo por Óscar Páramos, psicólogo na Asociación Avante, co título ¨Como axudar aos nosos/as fillos/as ante as redes sociais e os móbiles¨, financiada polo Centro de Formación e Recursos de Pontevedra.

 

Convidamos a todas as familias a participar nesta actividade que de seguro vai ser de gran interese.

 

Reparto de leite entre o alumnado

O luns 8 de abril deu comezo o reparto de leite entre o alumnado que se levará a cabo nas tres vindeiras semanas.

 

Maleta Ponte a Zero no IES de Barro

Durante todo o mes de abril contaremos no IES de Barro coa maleta ¨Ponte a Zero¨, unha actividade levada a cabo polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), que conta con recursos sobre reciclaxe, contaminación e economía circular.

Obradoiro sobre sexualidade

O martes 2 de abril o alumnado de 3º de ESO participou nun obradoiro sobre sexualidade levado a cabo por Querote +, Centro de Información e Asesoramento para a Mocidade.

II Ciclo de Cultura Científica

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade está a promover conferencias sobre o emprego responsable e seguro das novas tecnoloxías. Dentro delas, o II Ciclo de Cultura Científica conta cunha serie de conferencias ás que se poden asistir presencialmente ou por videoconferencia. 

 

A continuación poden ver o programa de actividades:

 

 

 

Concurso de decoración dunha imaxe do monumento a Rosalía

O alumnado de 1º de ESO participou nun concurso, promovido por Toño, que consistía na decoración dunha imaxe do monumento a Rosalía de Castro situado na Alameda de Santiago de Compostela.

 

A gañadora deste concurso foi Zaira López Montero e recibiron unha mención especial pola calidade dos seus traballos Bruno Ares Sabarís e Borja García Becerra.

 

Obradoiro sobre nutrición

O alumnado de 2º de ESO participou nun obradoiro sobre nutrición levado a cabo por Mariña Búa, farmacéutica e especialista en nutrición infantil. 

                    

Concurso de elaboración de vídeos

O 22 de marzo o alumnado do IES de Barro participou nun concurso de elaboración de vídeos levado a cabo polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

  

Obradoiros de Prevención de condutas aditivas

Durante o segundo trimestre do curso, o alumnado do IES de Barro participou nunha serie de obradoiros en prevención de condutas aditivas levada a cabo por Julia Búa, técnica en prevención de drogodependencias e condutas aditivas, dentro do Proxecto de prevención de condutas aditivas levado a cabo polo Concello de Barro.

8M. Día Internacional de Muller

En conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, no IES de Barro, entre outras actividades, o Departamento de Lengua Castellana publicou unha serie de viñetas de Mafalda nas que se trata a temática feminista.

Actividade de conmemoración do 8M. Proxecto Sendere

O venres 1 de marzo o alumnado do IES de Barro participou nunha actividade realizada dentro do Proxecto Sendere, e financiada polo Concello de Barro en conmemoración do Día Internacional da Muller.

 

Esta actividade iniciouse fai unhas semanas onde o alumnado respostou a unhas enquisas elaboradas dentro do proxecto. Os resultados destas enquisas foron analizados e presentados na actividade levada a cabo no centro baixo a visión da escalada da violencia de xénero na adolescencia mediante a adaptación do conto "Pepa e Pepe".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut