O luns 11 de novembro o alumnado de 4* de ESO tivo a oportunidade de visitar o parque eólico experimental de Xermade (Lugo).
Nunha charla introdutoria comentáronlles as diferentes formas de obtención da enerxía eléctrica en España, así como o proceso de comercialización e fixación do prezo diario.
Despois viron as diferentes partes dun aeroxerador e visitaron unha vivenda biosostible.
Ademais fixeron unha práctica para obter electricidade a partir dunha placa fotovoltaica