O pasado 19 de febreiro de 2020 celebrouse no Casino Mercantil de Pontevedra a Fase zonal do Campionato de Orientación na que competiron 321 alumnos, dos que 74 eran alumnos do IES de Barro.
As alumnas do IES de Barro Nerea F., Sarai R. e Noa A., proclamáronse Campiona, Subcampiona e Terceira clasificada na categoría cadete feminino; os alumnos Ángel A., Juan José S. e Damián M., proclamáronse Campión, Subcampión e Terceiro clasificado na categoría cadete masculino; e a alumna Lucía G., proclamouse Campiona na categoría xuvenil feminino.
Ademais, os IES de Barro proclamouse campión por equipos na categoría Cadete Feminino e Cadete Masculino.
Desde a dirección do centro, así como desde o departamento de Educación Física, felicitan a todo o alumnado participante no campionato escolar polos bos resultados acadados.