O martes 1 de outubro o alumnado de 3º e 4º visitou o festival de curtas "Curtacircuito" de Santiago de Compostela. O profesor Toño Pena foi recoñecido pola calidade e a temática das curtas realizadas co alumnado do IES durante os últimos cursos.
Aproveitaron o desprazamento para visitar a Cidade da Cultura e San Domingos de Bonaval. Acompañáronos as profesoras Araceli, Susana Rodríguez e Esperanza. Se queres ver mais fotos fai clic.