Skip to Content

Actividades co alumnado

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN (2ºESO)

O profesor David acompañou ao alumnado de 2º de ESO á Illa das Esculturas para participar no Campionato Provincial de Orientación que se desenvolveu o mércores 5 de abril:

 

 

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo do Dia da muller traballadora, o profesor Toño elaborou un vídeo coa colaboración de parte do profesorado e alumnado do instituto: 

 

VISITA AO COMEDOR DE SAN FRANCISCO

O alumnado de relixión fixo unha visita ao comedor de San Francisco en Pontevedra o martes 14 de marzo. A visita foi organizada pola profesora Araceli.

 

CHARLA COLOQUIO CO ALCALDE DE BARRO

O luns 13 de marzo, o alumnado de 3º e 4º asistiu a unha charla-coloquio co Alcalde do noso Concello. Esta charla está enmarcada dentro das actividades do proxecto "El país de los estudiantes" coordinado pola profesora Esperanza.

 

CHARLA ECONOMÍA 4ºESO

O 7 de marzo, o alumnado de 4º de ESO recibiu unha conferencia sobre o funcionamento da Axencia Tributaria. A charla foi organizada polo profesor Paco, de Xeografía e Historia.

 

ENTREVISTA INGLÉS 1ºESO (3 de marzo)

Dentro do proxecto "El país de los estudiantes" coordinado pola profesora Esperanza, o alumnado de primeiro de ESO fíxolle unha entrevista á  auxiliar lectora que asiste ao colexio Amor Ruibal. Esta entrevista foi preparada coa axuda da profesora de inglés Elena:

 

 

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, o profesor Toño elaborou este vídeo xunto co alumnado de 1º e 3º de ESO:

ENTROIDO 2017

Como ven sendo tradición no IES DE BARRO, o venres anterior ao entrodio celebramos un concurso de disfraces e diversos xogos para adiviñar palabras. Os profes David e Susana encargáronse de que todo saise ben:

 

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO E RIANXO DE 2º E 3º DE ESO

O xoves 16 de febreiro o alumnado de 2º e 3º asistiu a un concerto didáctico en Santiago. Tamén fixeron unha visita á catedral. Pola tarde acercáronse a Rianxo. O profesor de música Miro encargouse da organización da actividade:

 

ESCALADA 4ºESO

O venres 10 de febreiro o alumnado de 4º participou nunha actividade de escalada no rocódromo da Xunqueira en Pontevedra.

 

CHARLAS CONCIENCIACION

O alumnado de terceiro curso da ESO recibiu o 26 de xaneiro unha charla sobre a doazón e os trasplantes:

  

O alumnado de primeiro de ESO recibiu o 27 de xaneiro unha charla sobre os perigos do tabaquismo e as drogas:

 

CONFERENCIA SOBRE LUMES FORESTAIS

O Departamanto de Normalización Lingüística ven desenvolvendo estes últimos anos, coincidindo co inicio do Nadal, unhas charlas sobre diferentes temas de actualidade. Este ano a temática tratada foi o lume forestal e o coloquio realizouse o 20 de decembro:

 

NADAL NO IES DE BARRO

O alumnado que cursa Relixión Católica expón estes días no IES un Portal de Belén elaborado integramente por eles coa axuda da profesora Araceli.

Por outra banda, o 20 de decembro, o alumnado de Relixión fai unha visita ao Belén de Valga.

CHARLA-CONCERTO CONTRA A VILENCIA DE XÉNERO

O alumnado do IES asistiu a unha charla concerto na escola taller de Barro en contra da violencia de xénero. A charla foi organizada pola profesora Carmen Ozón e contou coa colaboración do Concello de Barro.

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro desenvolvéronse no IES diversas actividades para concienciar ao alumnado contra a viloencia de xénero. Estas actividades foron organizadas polo profesor Toño e a profesora Susana Lorenzo:

 Tamén fixeron o seguinte vídeo:

 

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN OS PEARES PARA 4º

A profesora Elena e o profesor Toño acompañaron ao alumnado de 4º ata Os Peares. Alí pasarán unha semana participando en actividades orientadas ao aprendizaxe da lingua inglesa:

Aquí podemos ver ao equipo das rapazas:

E a o equipo dos rapaces:

MAGOSTO

O 28 de outubro celebramos o magosto. O Departamento de Extraescolares, coa colaboración do alumnado de 4º, preparou varios xogos tradicionais para que participase todo o alumnado do IES. O Departamento de Normalización organizou o tradicional concurso de sobremesas. O noso conserxe, Jose Antonio, encargouse do asado das castañas e chourizos como xa ven sendo tradición:

Se queredes ver máis fotos facede clic en BIBLIOBARRO

TRABALLO SOBRE AS CÉLULAS 1ºESO

A profesora de Ciencias Susana Rodríguez organizou unha exposición cos traballos do alumnado de 1º da ESO sobre as células:

HALLOWEEN 1º E 2º DE ESO

No IES estamos "aterrorizados" pola festa de Halloween organizada pola profesora de inglés Elena co alumnado de 1º e 2º da ESO.

AMIGOS POR CARTA (PENFRIENDS) PARA 1º E 2º DE ESO

A profesora de inglés Elena organiza esta actividade de intercambio de cartas entre o alumnado do IES de Barro e o do Cramlington Learning Centre, de Cramlington (Inglaterra).

TEATRO 3º E 4º DE ESO

O 20 de Outobro o alumnado de 3º e 4º asistiu á representación da obra "Palabras malditas" no Teatro Principal de Pontevedra. Foron acompañados polos profesores Susana, María e David.

VISITA SIRADELLA 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO visitou o Centro de Interpretación do Siradella en O Grove o 10 de Outubro. Foron acompañados pola profesora Susana e o profesor David:

Para ver máis fotos facedeclic en BIBLIOBARRO

CONFERENCIA 2º, 3º E 4º DE ESO

O 22 de setembro, o alumnado de 2º, 3º e 4º asistiu a unha charla impartida por Carmen Pazos, antiga alumna do noso IES e que agora está estudando en Kioto.

Tamén puideron ver parte da súa obra:

Máis fotos facendo clic en BIBLIOBARRO

ROMEO AND JULIET, I.E.S. BARRO 3º E.S.O.

Curta realizada polo alumnado de 3º E.S.O. do I.E.S. Barro (Pontevedra, Spain) con motivo da competición "Shakespeare in London", organizada por Oxford University Press. / A short film featuring the students in 3º ESO  at IES Barro (Pontevedra, Spain), for the "Shakespeare in London" competition 

 

 

 

VISITA AO SIRADELLA (22 de Octubro)

O Departamento de CCNN en colaboración co Departamento de Extraescolares organizou unha visita ao mirador do Siradella para o alumnado de primeiro de ESO.

 Alumnado durante a charla

ERASE UNHA VEZ...A FALA (16 de octubro)

O alumnado do segundo ciclo asistiu a unha visita guiada a exposición sobre A Fala da Fundación La Caixa. A visita foi organizada polo Departamento de Galego en colaboración co Departamento de Castelán e Extraescolares.

PREMIO MIMI 2014

O CEIP AMOR RUIBAL de BARRO entregoulle o premio MIMI 2014 á cantautora galega SÉS. O alumnado de terceiro de ESO do IES de BARRO foi invitado á entrega pois eles foran os promotores da candidatura. SÉS agasallou a todos os asistentes con dúas fermosas cancións.

FAI CLIC NAS IMAXES PARA AGRANDAR

 

 

Festa da Lingua 10 de maio no auditorio de Portas

Actuación do grupo do IES de Barro na Festa da Lingua 2014.

Non gañamos mais pasámolo moi ben.

 

Dia das Letras Galegas

Exposición no IES con motivo do día das Letras Galegas

A FILLA ESTRAGADORA

As Alumnas de relixión de 1º de ESO adaptaron e prepararon esta montaxe sobre a parábola do fillo estragador e o pai bo. Que a gocedes!!!

A FILLA ESTRAGADORA

Distribuir contido


by Dr. Radut