Skip to Content

Actividades co alumnado

PLANTACIÓN DE ARBORES-22 DE MARZO

O xoves 22 de marzo, todo o alumnado do centro participou nunha plantación de árbores autóctonas na contorna do campo de fútbol. Esta actividade foi organizada polo Concello de Barro:

VISITA A CICLOS E MONTAXE DE CÚPULAS-21 DE MARZO

O mércores 21 de marzo, o alumnado de 4º fixo unha visita a distintos institutos da cidade de Pontevedra acompañados pola Orientadora Anabel e a profesora Chus. Esta visita foi organizada polo Departamento de Orientación. Este mismo día, a profesora de Matemáticas Esperanza organizou na Praza do Concello unha montaxe de cúpulas inspiradas nos modelos de Leonardo da Vinci:

CAMPIONATO PROVINCIAL ORIENTACION

O alumnado de 2º paricipou no Campionato Provincial de Orientación desenvolvido no Grove. Forosn acompañados polo profesor de EF David Gayoso.

ENTROIDO 2018 - 9 DE FEBREIRO

O venres 9 de febreiro celebramos o entroido. Houbo disfraces, charangas, xogos e ata unha piñata.

 

 

ESCALADA-7 DE FEBREIRO

O alumnado de 4º de ESO visitou o rocódromo de Pontevedra para facer unha actividade de escalada acompañado polo profesor de EF David Gayoso:

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN-2 DE FEBREIRO

O alumnado de 2º de ESO participou no Campionato Provincial de Orientación acompañado polo profesor de EF David Gayoso:

CONFERENCIA SOBRE ASTRONOMIA - 19 DE XANEIRO

O profesor de Física e Química e antigo director do centro, Angel Valverde impartiu ao alumnado de terceiro e cuarto unha interesante charla sobre Copérnico. 

 

CHARLA EN INGLES - 17 de XANEIRO

 O pasado 7 de xaneiro contamos cunha charla cultural en inglés de carácter lúdico e participativo, en dúass sesións. A primeira, para primeiro e segundo da ESO, e, a continuación, para terceiro E cuarto. O contido da charla versó sobre o Reino Unido, os seus símbolos, curiosidades e costumes. O alumnado  meteuse de cheo e disfrutou coa relatora, Tammy, por segundo ano consecutivo. A actividade, gratuíta, foi organizada polo Departamento de Inglés xunto coa Editorial Burlington Books. 

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O venres 24 o alumnado e profesorado do IES participamos nun baile contra a violencia de xénero desenvolvido na Casa da Música do noso Concello. Logo, xa no centro, fíxose a estrea da curta "Xa non quedan margaridas" dirixida polo profesor Toño Pena. Tamén se proxectaron varios vídeos de sensibilización sobre o tema, e un grupo de alumnos e alumnas interpretou unha obra de teatro.

 

MAGOSTO 10 NOVEMBRO

O venres 10 de novembro celebramos o magosto no IES de Barro. Houbo castañas, chourizos e un concurso de sobremesas.  Como noutras ocasións, o noso conxerxe asou as castañas e os chourizos.

O XOGADOR

O alumnado de PEMAR gravou unha curta para participar no concurso DMEDO do Concello de Barro. A curta foi dirixida polo profesor de francés Toño Pena. Ganaron o  premio concedido polo público:

 

SIRADELLA 1ºESO

O alumnado de 1ºESO fixo unha visita ao centro de interpretación da Natureza do monte Siradella. Os profesores acompañantes foron Susana Rodríguez e Toño Pena:

 

 

EXCURSIÓN ILLAS CÍES

O 23 de xuño o alumnado do centro visitou as Illas Cíes acompañado polos profesores Toño, Susana e Miro.

XORNADA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O profesor de francés Toño, en colaboración con parte do  profesorado e alumnado do centro, gravou unha curta contra o acoso escolar:

 

GRAVACIÓN NA ESTRADA

O grupo A Gallofa formado por alumnos do IES e do CEIP Amor Ruibal gravou a canción "Reciclar é xenial" no estudio EDISCO da Estrada como premio por gañar o concurso Sondoumia deste ano. A actividade foi organizada polos profesores Miro e Claudia.

 

 

 

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

A profesora Chus rematou o proxecto da pirámide dos alimentos que se pode ver no mes de xuño no recibidor do IES. A pirámide foi construída por KIka, a directora, e Jose Antonio, o conserxe.

 

EXPOSICIÓN IMAXES DE BARRO

Expóñense estes días de xuño no instituto as fotografías do alumnado participantes no concurso Imaxes de Barro, celebrado hai dous anos polo Concello:

 

CONCURSO DE PORTADAS

Con motivo do Día Internacional do Libro, o Departamento de Inglés propúxolle ao alumnado de 1º e 2º de ESO a participación nun concurso de poirtadas de libro en inglés. Se valora a estética, a orixinalidade e a corrección lingüística. Tamén colaborou o Departamento de Plástica e os premios serán libros e material de debuxo. Estes día podemos ver as portadas no recibidor do IES:

CHARLA SOBRE NUTRICIÓN 26 DE MAIO

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla sobre nutrición organizada pola profesora Chus e impartida por Marta Samartín (farmacéutica e nutricionista):

ORIENTACIÓN COTORREDONDO 3ºESO

O alumnado de 3º de ESO desenvolveu unha actividade de orientación deportiva no lago de Castiñeiras o xoves 25 de maio:

CHARLA INGLES 23 DE MAIO

O alumnado do IES recibiu a visita de Tammy, unha americana que lles falou sobre EEUU en inglés. Todos participaron  contestando a diversas preguntas sobre cultura xeral. A charla foi organizada polo Departamento de Inglés en colaboracion coa Editorial Burlington Books:

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

O 19 de maio celebramos no IES o Día das Letras Galegas:

 

PETROGLIFOS CAMPOLAMEIRO 2º ESO

O 18 de maio o alumnado de 2º de ESO visitou o parque de petroglifos de Campolameiro. Foron acompañados polos profesores Paco e Juan:

 

SENDEIRISMO 1º ESO

O luns 15 de maio o alumnado de 1º realizou unha camiñata ata o encoiro do Pontillón.

VISITA A CICLOS FORMATIVOS 9 MAIO

A Orientadora do centro Beatriz organizou unha visita ao CIFP da Xunqueria e ao CIFP Carlos Oroza destinada ao alumnado do cuarto curso da ESO:

FESTIVAL DA COORDINADORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN (5 de maio)

Varios alumnos e alumnas do noso centro e do CEIP AMOR RUIBAL participaron no Festival organizado pola Coordinadorea de Equipos de Normalización. Interpretaron un tema sobre a reciclaxe composto polos propios alumnnos  e alumnas coa axuda do profesor Miro. Ademais quedaron de primeiros na súa categoría:

 

A VIDA EN BARRO A MEDIADOS DO SÉCULO XX

O alumnado do prImeiro ciclo asistiu o 3 de maio a unha charla impartida por varias mulleres de Barro na que lles explicaron como era a vida neste concello a mediados do século pasado:

O PAÍS DOS ESTUDANTES

A profesora Esperanza  coordinou un grupo de profesores e alumnos no proxecto "El país de los estudiantes". Podedes ver a continuación todos os artigos publicados nas diferentes seccións: 

Ligazón ao periódico publicado na edición 2017

 

CHARLA AESLEME PARA 3º E 4º DE ESO

O Departamento de Extraescolares organizou unha charla sobre a prevención de lesións medulares que se desenvolveu na biblioteca o luns 24 de abril:

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE

O Departamento de Normalización organizou un concurso de curtametraxes aproveitando o último día lectivo do trimestre (7 de abril). A temática das curtas era o orgullo do galego

Distribuir contido


by Dr. Radut