Skip to Content

Actividades co alumnado

VIDEO DE MÚSICA 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO, dirixido polo profesor de música Miro,  gravou unha canción no instituto:

 

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS - 28 de xaneiro

O profesor de Educación Física Damián organizou unha actividade para que o profesorado aprendese a facer a reanimación cardiopulmonar e a utilizar un desfibrilador:

CHARLA EDUCACIÓN TRIBUTARIA

O alumnado de 4º asistiu o luns 21 de xaneiro a unha conferencia sobre a Axencia Tributaria organizada polo profesor Paco:

CINE 8 DE XANEIRO

Os profesores Miro e Toño  organizaron unha saída para visualizar unha peli no cine. O alumnado asistiu  acompañado polos profesores Miro, Toño, Anabel, Kika, Carmen, Susana, Elena e Araceli.

ACTIVIDADES NADAL

O venres 21 de decembro presentouse no IES o libro "O clan de Martiño" sobre a historia do Concello de Barro. Puidemos gozar coa presenza dos autores, un dos cales foi alumno do noso centro, Iván Bello.

Despois desta actividade, o alumnado asistiu a uns monólogos e a unha exhibición de baile por parte de rapaces e rapazas do centro:

E para rematar asistimos a unha charla sobre a "creación artística" oragnizada polo Departamento de Normalización e o Departamento de Plástica:

 

EXCURSIÓN ALUMNADO DE RELIXIÓN

O martes 18 de decembro o alumnado de Relixión visitou o Belén de Valga. Esta actividade foi organizada pola profesora de Relixión Araceli. Tamén asistiu a orientadora Araceli e o profesor de Música Miro:

ENTREVISTA EN INGLÉS

O venres 14 de decembro o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha entrevista a dúas chicas, Clara e Laura, nacidas en Norteamérica. Esta actividade foi organizada pola profesora de inglés Elena:

CHARLA EN INGLES - 30 DE NOVEMBRO

O Departamento de Inglés organizou unha charla  impartida por unha profesora nativa. Participou todo o alumnado do centro en dúas quendas. O tema foi "English around the world":

XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 28 de novembro o alumnado do IES participou nos actos organizados polo Concello de Barro na biblioteca municipal: 

CONFERENCIA DE MONTSE FAJARDO

O 28 de novembro a escritora Montse Fajardo impartiu unha conferencia no noso centro sobre o seu último libro "Invisibles"

Tamén vimos a curtametraxe feita polo alumnado de 4º baixo a dirección de Toño Pena:

 

MAGOSTO

O venres 16 de novembro celebramos o tradicional magosto. Houbo castañas que como sempre foron asadas polo noso conserxe Jose Antonio. Tamén tomamos chourizos:

Houbo xogos populares organizados polo profesor de Educación Física Damián coa axuda do alumnado de cuarto:

E por suposto o tradicional concurso de sobremesas organizado polo equipo de Normalización:

DEPORUARTE

O alumnado da materia de Plástica participou no programa Deporuarte da Deputación Provincial. O 8 de novembro foi presentado oficialmente o grafiti elaborado polo devandito alumnado:

STOP VELUTINA

O luns 22 pola tarde o alumnado recibiu unha charla informativa sobre a avespa asiática. Os relatores, Esteban Jamardo e José Sanmartín, forman parte da asociación Stop Velutina de Barro:

 

ANDAINA AO PONTILLÓN

O luns 22 de octubro o alumnado de 1º e 2º participou nunha camiñata cara o encoro do Pontillón. Foron acompañados polos profesores Damián, María e Susana Rodríguez. A actividade foi organizada polo Departamento de Ciencias e o de Educación Física.

 
 

 MAIS FOTOS

OBRADOIRO DROGODEPENDENCIAS

O alumnado de 4º participou o luns 15 de octubro nun obradoiro para a prevención das drogodependencias organizado polo Departamento de Orientación:

NAVEGA CON RUMBO

O 9 de octubro o alumnado de 3º e 4º recibiu unha charla informativa sobre os perigos de internet. A actividade foi organizada por Anabel,  orientadora do instituto:

EXCURSIÓN ILLA DE ONS 21 DE XUÑO

O Departamento de Normalización Lingüística, encabezado polo profesor Miro, organizou unha excursión á illa de Ons na que o alumnado foi acompañado polos profesores Toño, Anabel, David e o propio Miro.

 

FESTA HOLI 20 DE XUÑO

O Departamento de Orientación en colaboración co Concello e a Anpa organizou unha festa Holi para despedir o curso:

 

CONCERTO DE GARCIA MC

No recreo do venres 6 de xuño o alumnado puido asistir a un concierto de Hip Hop de García MC:

 

 

 

HIP HOP 2ºESO

O mércores 23 de maio García Mc impartiu un obradoiro no IES sobre o HIPHOP para o alumnado de 2º:

PETROGLIFOS 2ºESO

O alumnado de segundo, acompañado polo profesor Juan e a orientadora Anabel, visitou o Centro de Interpretación dos Petroglifos de Campolameiro:

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O Departameento de Normalización, encabezado polo profesor Miro, organizou un fantástico festival o día 18 de maio. Houbo lecturas de textos, música en directo, proxeccións de vídeos, premios e moito mais. Tamén puidemos gozar da visita do alumnado do CEIP Amor Ruibal:

 

4º ESO - EXCURSIÓN FIN DE ETAPA

O alumnado de 4º de ESO gozou dunha excursión de 6 días na que visitaron Madrid, Segovia e Toledo. Foron acompañados polos profesores David e Susana:

RUGBY TAG 1ºESO

O alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade de introdución ao Rugby-Tag organizada polo profesor de Educación Física David Gayoso:

RISCOS DA REDE-30 DE ABRIL

O alumnado de 2º e 3º asistiu a unha nova charla sobre os perigos da rede organizada polo Concello en colaboración co IES:

 

ACTIVIDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado do centro participou nunha actividade organizada polo Concello e Deputación o martes 24, en contra da violencia de xénero:

 

INTERCAMBIO TERRITORIAL ALLARIZ

O alumnado de 3º e 2º acompañado polos profesores Susana e Miro, participaron nunhas xornadas de convivencia no Concello de Allariz o xoves 19 e o venres 20:

SEGURIDADE EN INTERNET-11 DE ABRIL

O mércores 11 de abril o alumnado de 1º e 2º asistiu a unha charla sobre os riscos das novas tecnoloxías. Esta charla foi impartida por un membro da Garda Civil:

ENCONTRO LITERARIO CON XESÚS CONSTENLA-10 DE ABRIL

O 10 de abril o alumnado asistiu a unha conferencia impartida polo escritor Xesús Constenla no IES de Barro. Esta actividade foi organizada polo profesor de Xeografía e Historia Paco:

II CONCURSO DE CURTAS-23 DE MARZO

O venres 23 de marzo, o Departamento de Normalización organizou un maratón de elaboración e proxección de curtas na que o alumnado participaba organizado en grupos. A temática era a defensa do idioma galego. Houbo premios para os mellores:

Distribuir contido


by Dr. Radut