Querida Tareixa:
Onte foi un día que xamais esquecerei, amiga. Sei que non é doado andar a remexer Nas cousas que pasaron, e que lle fan mal a un, pero tamén é malo gardalas dentro.
Morreu a miña filla Bianca. O seu marido apuñalouna tres veces. Dinque unha desas puñaladas foi no ventre, onde medraba o meu meniño. Sei que non o creerás, eu tampouco consigo asumilo. Non puiden despedirme dela. Nin entendo por que nunca dixo nada dese inferno seu: antes de matala debeu de maltratala moitas veces. Aínda lembro cando eu lle preguntaba que lle pasara no ollo e dicía que caira no baño, ou cando lle doía no lombo aquel hematoma coma unha casa, e respondía que tropezara coa porta.
Toda a vida xuntos, desde cativos. ¡E dicir que a matou! Á nai do seu filio, á súa alma xemelga. Xuroulle fidelidade diante de Deus, xurou acompáñala na enfermidade e na pobreza... e non tardou nin dous malditos anos en quitarlle a vida.
Agora el está no cárcere, na Lama. Que Deus me perdoe pero ogallá se pudra alí dentro como se pudren a miña filia e o meu neto nunha caixa, nun nicho.
Ela vivía co mal: na mesma casa, na mesma cama. E cando quixo afastarse, foi tarde. Agora é só un nome máis nos telexornais.
Un saúdoEmilia
ESCRITO POR UXÍA OUTÓN