O día 11 de marzo pola tarde, membros da asociación Stop Velutina Umia impartitron un obradoiro no IES de Barro.
Houbo unha parte teórica e outra práctica. Os voluntarios, Manolo Outón, Elena Landín e Sofía Ruibal, xunto co coordinador do grupo Stop Velutina e Tenente de Alcalde, repasaron co alumnado a problemática da vespa velutina .No obradoiro fixéronse case un cento de trampas e tamén se lles índicou que líquido atraínte usar. Zumo de arándanos, cerveza negra e viño blanco do país.
Ademais das trampas os alumnos e mestras convertíronse en voluntarios da asociación e serán a "Policía Medioambiental de Barro" algo como o Seprona. Cada alumno recibeu un agasallo que se trata dunha libreta cun bolígrafo e colgador, para anotar o número de velutinas e outros insectos que colle a trampa para así facer un estudio que coordinarán as mestras ciencias e Bioloxía. Os alumnos adquiriron tamén un compromiso de facer e colocar as trampas e levar un mantemento do líquido atraínte cada 12 ou 15 días.