Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Resumo de actividades 2023

Saída a Santiago para visitar as oficinas do diario NOS.

O 29 de marzo de 2023 os grupos de economía de 1º de bacharelato visitamos o diario Nos. Tamén aproveitamos para visitar a catedral, xunto cos compañeiros de historia da arte. Na visita ao diario puidemos comprobar cómo se desenvolve a labor periodística xa que estamos a crear un xornal trimestral de índole económica. O noso anfitrión incluso nos dedicou unha das súas noticias, que pode verse de xeito dixital aquí.

 

Saída á empresa Bopapel, en Ponteareas

O xoves 2 de marzo os grupos de economía de empresa e FAX de 2º de bacharelato visitamos as instalacións da empresa local “Bopapel”. A persoa de referencia (Patricia) ensinoulles a planta, a maquinaria, o proceso de produción, almacenamento e xestión da súa empresa. Os estudantes preguntaron sobre varios aspectos: marcas, custes, contratación, etc. Ao marchar obsequiáronnos cun dos seus produtos.

 

Participación na XIII Olimpiada de Economía.

>O xoves 16 de marzo de 2023,  realizouse a proba, destinada ao grupo de economía de empresa e seleccionando unicamente a dúas alumnas que son Blanca Yunta e Sabela Pereira. Representaron ao noso instituto nunha competición que se celebra anualmente a nivel autonómico e pretende premiar a excelencia, así como incentivar os estudos superiores relacionados coa área.

 

Charla de economía tributaria.

O venres 9 de decembro o alumnado de economía e iniciación á actividade emprendedora e empresarial de 4º ESO recibiu á funcionaria de Facenda para aprender sobre tributos; a súa orixe e destino. Foi unha charla na que se explicou que son os impostos, quen os xestiona, quen e como se pagan, así como a súa natureza, para que serven .

Taller do banco de España: aprendemos sobre billetes e moedas. 

Xoves 3 de novembro o alumnado de economía de 4° da ESO e 1° de Bacharelato asistiron a esta sesión informativa de xeito virtual, celebrada na biblioteca do centro. A actividade tratou o tema do diñeiro, a súa creación e os métodos para comprobar a súa autenticidade. Nun primeiro momento tamén se falou do papel do Banco de España e o Banco Central Europeo, tratando de definir as súas funcións e diferenzas, tras a participación de España no proxecto europeo do euro. Os estudantes participaron nesta conferencia online e puideron plantexar dúbidas e participar en xogos interactivos con varios premios a repartir.