Lingua e Literatura galega

Brux@s e cómplices

A partir da lectura da novela Palabra de bruxa, de Andrea Barreira (Editorial Galaxia), o alumnado de 3ºESO reflexionou estes días nas clases de Lingua Galega e Literatura sobre aquelas cousas que hai anos poderían ser consideradas delitos nunha muller, aqueles feitos que podían facer que as mulleres fosen xulgadas como bruxas só por non renunciaren a ter unha voz propia.

Contra a violencia de xénero

Onte o alumnado da materia Igualdade de Xénero de 2ºESO pintou en diferentes espazos do recinto escolar frases en favor da igualdade que previamente seleccionaran na clase.

Saúde e Terra, irmá(n)s!

O alumnado de 4ºESO visita este martes 25 de outubro a cidade de Ourense nunha saída didáctica organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura coa colaboración da ANPA As Gaiandas. De mañá o alumnado visitará a exposición "", que conmemora o centenario do nacemento das Irmandades da Fala (1916-2016), e alí terán que buscar as respostas a unha ficha de preguntas preparada polas súas profesoras, Araceli González e Concha Costas. Ademais, organizados en grupos, os alumnos e alumnas realizarán un percorrido literario pola cidade a través dun xogo de pistas que os achegará a espazos de referencia de autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, Lamas Carvajal, Blanco Amor, Carlos Casares... Logo de xantar en Ourense, o grupo desprazarase ata Trasalba, onde farán unha visita guiada á Casa Museo de Otero Pedrayo. Con esta saída vanse ampliar e reforzar moitos dos contidos traballados na materia de Lingua Galega e Literatura neste primeiro trimestre.

Visita de Manuel Gómez Singala

O próximo luns 30 de maio o escritor Manuel Núñez Singala visitará o IES Auga da Laxe para manter un encontro co alumnado de 4ºESO-A e 4ºESO-B e falar das dúas obras que os mozos e mozas destes grupos leron ao longo do 3º trimestre: o ensaio En galego, por que non? e o libro de relatos Instrucións para tomar café. A cita será ás 17:00h na aula 4. Organiza: Departamento de Lingua Galega.

Día da Ciencia en Galego

O alumnado de 1º Bacharelato do centro participará o martes 26 de abril nunha videoconferencia no salón de actos do centro. Tratarase dun videotitorial que explica como deseñar e programar un arpa (instrumento musical) usando o programa Scratch 2.0 e o dispositivo Leap Motion.

 O enlace para o evento é o seguinte https://www.youtube.com/watch?v=aeLlOoMV9Mo

 

Obradoiro Colexio de Xornalistas

O xoves 28 de abril o alumnado de 4º ESO do centro participará nun Obradoiro do Colexio de Xornalistas no propio instituto, nunha actividade organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galega.

Distribuir contido