Curso 2018-2019

O IES Auga da Laxe en Negro

No IES Auga da Laxe facemos unha homenaxe a vítimas da violencia machista cunha actividade realizada polo alumnado da materia de Igualdade de Xénero. Noventa globos adicado a cada unha das persoas que xa non están, as oficiais, as non oficiais, a todas.

Demostración do Iberconsa Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas


Hoxe, no recreo, no patio interior unha representación do Iberconsa Amfiv Vigo fixo unha abraiante demostración de baloncesto en cadeira de rodas. Estiveron connosco Franco Alessandrini (Arxentina), Salvador Zavala (México), Louis Hardouin (Francia) e Przemek Bonio (Polonia) e mais Nacho, o seu coordinador. 

Érase un muíño

Con motivo da lectura Palabra de bruxa de Andrea Barreira, o alumnado de 3ºESO A e C vai visitar un dos nosos muíños, onde "o ar cheira, o río chama, as plantas engolen, a terra latexa"...

Demostración de baloncesto en cadeira de rodas

Este mércores, 21 de novembro, durante o recreo, de 12:00 a 12:30, no patio interior haberá unha demostración de baloncesto en cadeira de rodas por parte do Iberconsa Amfiv de Vigo. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física.

I Semana poética Victoriano Taibo

Ao longo desta semana, as portas e escaparates de diferentes establecementos comerciais de Gondomar, así como os balcóns de moitas vivendas e espazos públicos, acolleron carteis e pancartas con versos de diferentes autores e autoras dentro da I Semana poética Victoriano Taibo que organiza o Instituto de Estudos Miñoráns.

Visita ao Santuario de San Campio

O próximo luns 19 de novembro o alumnado de Relixión de 1º e 2º ESO vai visitar o Santuario de San Campio, en Tomiño, para realizar un traballo guiado, previamente preparado na aula. Esta actividade ten como obxectivos descubrir a arte cristiá como expresión de fe e recoñecer a planta e a orientación dun templo, así como os diferentes elementos litúrxicos e decorativos.

Distribuir contido