Curso 2018-2019
Libros para a igualdade
Enviado por admin o Mér, 19/12/2018 - 12:07Libros para a igualdade é unha iniciativa da biblioteca do noso centro e mais do EDLG. Do 12 de decembro ao 25 de xaneiro expoñemos no patio central do instituto dúas ducias de libros de temática relacionada coa muller e o feminismo, que forman parte da maleta da igualdade, un préstamo do Centro de Formación do Profesorado de Vigo. Son obras diversas de varios xéneros: narrativa, poesía, ensaio, teatro e cómic.
Poemas de inverno. Homenaxe a Laura Luelmo.
Enviado por admin o Mér, 19/12/2018 - 12:05
Este martes 18 degustamos poemas de inverno cun acompañamento doce de pastas e música no salón de recitado que acolleu a dinamización poética de decembro que organiza o departamento de LCL.
Peche do primeiro trimestre e de 2018
Enviado por admin o Mar, 18/12/2018 - 12:29Endulzando palabras de invierno
Enviado por admin o Lun, 17/12/2018 - 12:32Este martes 18 de decembro o patio central do instituto acollerá unha nova sesión dos recreos con poesía que organiza o departamento de Lingua Castelá e Literatura: "Endulzando palabras de invierno". Nesta ocasión haberá un salón de recitado onde se lerán poemas de inverno, acompañados dunha sorpresa doce. O espazo estará aberto durante o recreo a toda a comunidade educativa para que quen queira poida achegarse e ler un poema.
Concerto de 2º de bacharelato
Enviado por admin o Mér, 12/12/2018 - 12:52Este martes 11 tivo lugar na aula de música o primeiro concerto do curso co grupo de 2°Bach, que presentou os cinco primeiros temas do seu repertorio baixo a dirección do profesor Sergio Álvarez.
Arte nos muros do IES Auga da Laxe
Enviado por admin o Mér, 12/12/2018 - 01:06- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »