Día de Rosalía de Castro 2019

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, polo que o departamento de Lingua Galega e Literatura, sumándose ás iniciativas promovidas pola AELG, vai organizar este próximo venres 22 durante o recreo un acto no que se lerá o manifesto da AELG escrito por Ana Romaní e, a continuación, haberá unha lectura de poemas de Rosalía a cargo de profesorado e alumnado de diferentes cursos. Ademais, as paredes do instituto acollen xa unha mostra de corenta fragmentos de poemas cos que se pretende achegar a poesía de Rosalía a toda a comunidade educativa. Estas actividades organízanse baixo o lema xeral "Na fronte unha estrela, no bico un cantar", xa que o venres imos convidar a todo o alumnado e profesorado a levar na fronte unha estrela.