Charla sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela


Este venres 1 de febreiro o noso alumnado de 2º de Bacharelato asistiu no salón de actos do instituto a unha charla sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo departamento de Orientación dentro do Plan de Orientación Académica e Profesional, contou coa presenza de José Manuel Blanco Fernández, profesor da USC, quen presentou a oferta formativa da universidade e respondeu as dúbidas e consultas do alumnado.