Xa estamos de volta!

Xa estamos de volta nas aulas. Retomamos así a actividade académica neste novo ano 2019, logo das vacacións de nadal. Pechabamos o primeiro trimestre o venres 21 de decembro cunha xornada de actividades na que se celebraron as finais dos torneos de xadrez, tenis de mesa e fútbol sala; un obradoiro de papiroflexia, organizado polo departamento de Matemáticas; o xa tradicional xogo de cifras e letras; a entrega de premios das diferentes actividades e as actuacións de baile dun grupo de alumnas de 1º e 2ºESO, así como as de Andrea Blanco, de 4ºESO, e de Lara Alonso, de 2ºBach. Deixámosvos aquí un álbum de imaxes desa xornada e desexámosvos un bo 2019!