Palabra de bruxa
Enviado por admin o Xov, 20/12/2018 - 21:19
A voltas con “Palabra de bruxa” de Andrea Barreira... O mesmo que a protagonista, o alumnado de 3º ESO recolleu bruxerías sandables das súas devanceiras, remedios caseiros a base de plantas que medran pola nosa terra.
Actividade enlazada co alumnado de Hábitos saudables de 2º ESO que nos agasallou cunha apócema de herba luísa e un marcapáxinas onde se describen propiedades da planta, co obxectivo de mergullarnos nas beberaxes sas.