Chega Halloween- Samaín

Xa comezaron a chegar ao instituto as primeiras cabazas que van participar no concurso de Halloween / Samaín que organiza o departamento de Inglés coa colaboración do departamento de Plástica. Tedes ata o mércores 31 para traer as vosas propostas e entrar no concurso. A entrega de  premios celebrarase ese mesmo día no recreo, así que, xa sabedes, poñede a andar a vosa creatividade e sorprendédenos coas vosas cabazas.