Inauguración do curso 2018-2019 para o alumnado de 2º de bacharelato


Inauguración do curso 2018-2019 para o alumnado de 2º de bacharelato co ex alumno Alejandro García, hoxe farmacéutico na Farmacia Abizanda de Gondomar, sendo presentado pola directora Mar Platero e mais a vicedirectora Carolina Platero.
Por certo, unha boa charla de Alejandro, animando ao alumnado actual a organizarse e esforzarse, a non pecharse camiños e recoñecendo o labor dos que foron os seus profesores (algo moi de agradecer, sinceramente).