Entroido 2024
Ante a suspensión do desfile escolar de entroido do Concello de Gondomar, pola previsión de chuvia, facemos unha modificación da programación do venres 9, que quedaría como segue:
9:30h-11:00h. Clase e rexistro de asistencia
11:00h-12:00h. Baile cun grupo de alumnado do centro Juan María, que está convidado a participar na nosa festa de entroido. Faranse as coreografías que estivo preparando o noso alumnado nas clases de Educación Física.
12:00h-12:30h. Recreo
12:30h-13:30h. Concurso de disfraces do alumnado no patio interior do instituto.
Haberá premios para:
- Disfrace individual sen coreografía
- Disfrace individual con coreografía
- Disfrace de grupo sen coreografía
- Disfrace de grupo con coreografía
- Grupo máis numeroso coa mesma temática
O alumnado ten que anotarse na conserxería antes do xoves 8
13:30h-14:30h. Festa-baile no patio interior con DJ Ambe
14:30h-14:50h. Entrega de premios
15:00h. Saída dos autobuses