O alumnado de 1ºESO visita os petróglifos Auga da Laxe
O alumnado de 1ºESO realizará este mércores 29 de setembro unha visita guiada aos petróglifos Auga da Laxe, que dan nome ao noso instituto. Para ocasión tan especial contaremos coas explicacións do arqueólogo Xosé Lois Vilar, que nos achegará ao rico patrimonio que garda a fermosa Serra do Galiñeiro. Logo da visita guiada, o alumnado, acompañado polos seus titores e polo profesorado do departamento de Educación Física, fará un roteiro para desfrutar da beleza da paisaxe. Esta saída está organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Educación Física, así como polas titorías de 1ºESO, e forma parte do itinerario para secundaria do proxecto educativo “Cos pés no Val Miñor”, que ten como obxectivo que o alumnado coñeza a súa contorna natural, histórica e cultural.