Comezo do curso 2021-2022. Reunión coas familias.

Desde o IES Auga da Laxe, dámosvos a benvida ao novo curso 21-22. 

 
Mércores, 15 de setembro
  
18:00h. Reunión informativa e presentación para as familias do alumnado de 1ºESO
19:00h. Reunión informativa e presentación para as familias do alumnado de 1ºBach
 
Para evitar aglomeracións e podermos garantir as medidas de distancia social establecidas no Protocolo COVID, só se permite o acceso a unha persoa por familia. O alumnado non debe asistir a esta reunión. Priorizamos neste primeiro día as reunións das familias do alumnado de nova incorporación. As familias do resto do alumnado serán convocadas unha vez que comece o curso.
 
 
Lembramos que, segundo o establecido no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID para o curso 21-22, é obrigatorio o uso da máscara durante toda a xornada educativa en todos os espazos do instituto. O alumnado debe traer, cando menos, unha segunda máscara de recambio. Ademais, a distancia de seguridade nas interaccións persoais é de 1,50m (1,20m nos postos escolares dentro das aulas). As familias deben entregar no instituto unha declaración responsable, pola que se comprometen a realizar diariamente na casa unha autoenquisa de avaliación e a non enviar o alumno ou alumna ao instituto no caso de que presente cando menos un dos síntomas previstos.