Danza contra a violencia machista

Esta mañá, con motivo do 25-N, puidemos desfrutar da actuación de Lara Alonso, alumna de 2ºBach, quen bailou "Caza de pañuelos", un tema do rapeiro Rayden en contra das agresións sexuais ás mulleres. Moitas grazas, Lara, por convidarnos a reflexionar desde a música e a danza no Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
 
Deixámosvos aquí o enlace ao videoclip de "Caza de pañuelos", de Rayden.