Blogues

As mans delas

“Hoy son las manos la memoria” (Salinas). O Día Internacional da Muller Traballadora ateigouse de mans, pois alumnado de todos os niveis, e coa colaboración do departamento de plástica, deseñou diferentes debuxos referidos ao 8M, ilustracións que foron expostas no Centro e, as seleccionadas, estampadas en camisetas personalizadas.

Parabéns aos nosos xadrecistas

Moi bos os resultados dos nosos xadrecistas nos campionatos galegos de xadrez sub 18 celebrados do 2 ao 4 de marzo en Cangas do Morrazo.
Dentro do Club de Xadrez Laroca, Ana Fernández e Artai Bringas c

Intercambio con Dinamarca

 
Este xoves 7 de marzo saíron de viaxe cara a Dinamarca dezanove alumnos e alumnas de 2ºBach, acompañados por dúas profesoras, para participar na segunda parte do intercambio que organiza o Departamento de Inglés co instituto Viby Gymnasium de Aarhus.

Entroido 2019

 
Coas ordes do meco que preparou o alumnado de Ed. Plástica, comezou no instituto a celebración do Entroido 2019, que culminará o venres 1 de marzo cunha xornada de actividades.

Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) coa lectura polo profesorado e o alumnado de diferentes cursos do manifesto da AELG escrito por Ana Romaní e de poemas de Rosalía.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

A Consellaría de Educación convoca as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos
Distribuir contido