blogue deadmin

Concurso de contos e poemas de medo

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o departamento de Lingua Galega e Literatura convocan un concurso de contos e poemas de medo polo Samaín. Atrevédesvos a participar?

Panel de experiencias con exalumnos e exalumnas

Este pasado xoves 21 de outubro o alumnado de bacharelato asistiu a un panel de experiencias a cargo dun grupo de exalumnos e exalumnas do instituto que lles viñeron falar da súa experiencia académica e laboral: Juanjo (Enxeñería Industrial), Eva (ADE e Dereito), Jéssica (Ciclo de Repostería), Jota (Grao no Conservatoria de Música Profesional), Lorena (Educación Infantil e Primaria) e

Danza en favor da igualdade

O alumnado de 3ºESO asistirá este martes 19 de outubro ás 12:30h na Praza da Paradela ao espectáculo de danza "Pel continua", da coreógrafa e bailarina Rut Balbís, Premio da Crítica de Galicia de artes escénicas no ano 2019. A actividade, organizada polo Concello de Gondomar, forma parte do programa Mulleres en acción.

Sesión do Club da Igualdade sobre persoas trans

O Club da Igualdade vai celebrar unha sesión sobre as persoas trans o próximo luns 18 de outubro, de 15:30h a 16:45h na biblioteca.

E se o volcán de Cumbre Vieja estivese no instituto?

Esta imaxe feita cunha ferramenta de simulación publicada polo xornal El País mostra ata onde chegaría a coada de lava se o cono volcánico de Cumbre Vieja (La Palma, Illas Canarias) estivese no instituto. A simulación e do día nove de outubro. A simulación non ten en conta a orografía propia do val do Miñor.

 

Volve o Club da Igualdade

Dentro do proxecto educativo transversal que imos desenvolver este curso arredor de temas vinculados coa igualdade, a inclusión e o respecto pola diversidade, vanse retomar as sesións do Club da Igualdade cunha saída a Vigo para asistir no cine Salesianos á proxección de Especiais, dentro da programación do Festival de cine inclusivo.

Distribuir contido