O pasado día 15 de maio, e como parte da programación do Día das Letras Galegas, celebrouse no Pazo da Cultura de Narón a entrega de premios do XXXIII edición do Certame Intercentros do Concello de Narón; evento ao que asistiron a alcaldesa de Narón, Marian Ferreiro, diversas autoridades educativas e personal directivo, profesorado, ANPAS e alumnado dos centros de ensino participantes: os colexios Virxe do Mar, A Solaina, Ponte de Xuvia, Piñeiros, A Gándara, CRA de Narón, CPI O Feal, e o IES As Telleiras.
Nese acto foron premiados varios traballos do alumnado do noso centro, entre os que se inclúe o contacontos adaptado da novela infantil "Moucho e Cuquiña", presentado polo alumnado do Clube de Lectura de "Robótica e Tecnoloxía".
Outros dos premiados foron:
- O alumnado da materia de Cultura Audiovisual de Bacharelato co vídeo "Rompendo tópicos"
- As alumnas de 2º da ESO Duna Martínez (primeiro premio) e Aitana Dopico (accesit) na categoria de Narrativa na ESO.
- Cecilia Aneiros premio e accesit en narrativa de Bacharelato.
Noraboa ao alumnado participante polo voso traballo e, especialmente, aos premiados e premiadas.
Podes consultar a noticia na prensa:
Destacamos a publicación do Facebook do concello de Narón onde podedes consultar as fotos do evento.