As nosas representantes neste programa, María Yáñez e Eva Ríos, atópanse estes días en Cardiff (capital de Gales) no 1º encontro entre os centros dos diferentes países participantes.
Actividades realizadas o 1º día (27/01/2020):
Programa de actividades do 2º día (28/01/2020)
Durante a xornada visitáronse varios colexios de primaria; como feito curioso e destacable en relación ao tratamento das dúas linguas no ensino sinalar que nun deles só se permite falar en galés e noutro hai unha hora ao día repartida en 3 sesións de 20 minutos que o profesorado organiza como quere; depende da motivación do alumnado.
Programa de actividades do 3º día (29/01/2020)
Visita a West Monmouth Shool:
Programa de actividades do 4º día (30/01/2020)
Visita a Monmouth comprehensive school. Para flipar!!:
Programa de actividades do 5º día (31/01/2020). Remate da actividade
Valoración final
Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu coñecer a situación sociolingüística do galés e o xeito de incorporalo ao sistema educativo. Vimos cargadas de ideas para afrontar novos retos no futuro.
Desde o punto de vista persoal foi moi gratificante incorporarnos a un grupo de persoas co que compartimos non só traballo, senón tamén momentos de lecer moi agradables.
Por todo isto agradecemos ao CFR de Ferrol ter incluído neste programa ao noso centro.
A partir de aquí espérannos tres cursos de traballo que afrontamos con ilusión.