Skip to Content

World Biotech Tour

Visita a Bilbao

O noso embaixador e as dúas embaixadoras no programa World Biotech Tour 

acudiron a semana pasada a Ermua, onde presentaron o seu proxecto.

Esta é unha mostra dos experimentos realizados e do ben que o pasaron:

 

Noraboa Rebeca!!

A nosa alumna Rebeca Pena Ríos, de bacharelato 2º A, resultou gañadora do Programa World Biotech Tour 2017, no que está a participar o noso centro, co proxecto “Ver o ADN, para que serve? Deste xeito pasa á fase final que se celebrará en Xapón no mes de novembro, alí exercerá de embaixadora da Domus de A Coruña.

O Programa World Biotech Tour 2017 ten como obxectivo divulgar temas relacionados coa Biotecnoloxía en museos e centros de ciencias.

Noraboa campioa!!!

Ver noticias na prensa: GCIENCIA, Coruña hoy

World Biotech Tour

O noso centro participa no proxecto World Biotech Tour:

Trátase dun proxecto a escala mundial que ten como obxectivo divulgar temas relacionados coa biotecnoloxía en museos e centros de ciencia.

World Biotech Tour é unha iniciativa da ASTC (Asociación de Centros de Ciencia y Tecnología) e a Fundación Biogen. A través de museos e centros de ciencia de todo o mundo, presenta a biotecnoloxía á sociedade, transmitindo como resolve problemas en moitos campos, desde a saúde e a medicina ata a agricultura e a enerxía. 

Cada museo de ciencia -no noso caso a Domus dos Museos Científicos Coruñeses- reunirá a un grupo de rapaces e rapazas (de 14 a 18 anos) para presentar un tema de biotecnoloxía da súa elección aos visitantes do museo, colexios e membros da comunidade e terán unha gran presenza durante todos os eventos do World Biotech Tour. Un dos grandes obxectivos do proxecto é fomentar a colaboración global. Por iso, os embaixadores de cada museo contactarán con embaixadores doutros museos para debatir ideas e experiencias. Xunto á Domus, foron seleccionados o museo Copernicus de Varsovia, o Heureka de Finlandia, o Museu da Vida de Rio de Janeiro e o Sci-Bono Discovery Centre de Johannesburgo.

Ao final do programa, os centros participantes poden nomear un embaixador para participar no Cumio Mundial de Centros e Museos de Ciencia en Tokio, Xapón. Estes embaixadores han presentar os seus traballos de biotecnoloxía e debatirán a súa experiencia no Biotech World Tour con persoas destacadas do mundo dos museos.

Os centros galegos que participan son: 

IES Agra Orzán (A Coruña)

IES Pastoriza (Arteixo)

IES David Buján (Cambre)

IES As Telleiras (Narón)

CPI dos Dices (Rois).

Distribuir contido


by Dr. Radut