Dentro do proxecto Erasmus+ KA2 RATE no que participa o IES As Telleiras, dous representantes do centro, Jesús García e a directora, Irene Mira, viaxaron a Cardiff (Gales) o pasado mes de novembroxunto con dez compañeiros/as representantes do consorcio que está a traballar no proxecto citado para a potenciación das ensinanzas científicas e tecnolóxicas no ámbito educativo e a igualdade de xénero na aprendizaxe das mesmas.
Neste consorcio están a participar, ademais do CFR de Ferrol, como coordinador, o CPI de Atios de Valdoviño, o IES As Telleiras de Narón e o IES Fraga do Eume de Pontedeume.
Na viaxe realizáronse visitas a tres centros de primaria e secundaria nas que se fixeron intercambios de boas prácticas; participouse tamén no encontro “Internacionalización da Educación”, no que, ademais de asistir a charlas sobre diversos programas dirixidos a promover as relacións internacionais entre centros educativos, tivemos a posibilidade de establecer contactos para futuros proxectos.